Ultiman o proxecto para converter a vella ponte do tren nunha pasarela peonil sobre o Lérez
Por Alejandro Espiño
A pretensión do goberno municipal de que a vella ponte do ferrocarril sobre o Lérez, á altura da praia fluvial, se converta nunha pasarela peonil está máis preto de materializarse que nunca. Esa é a proposta que o Concello de Pontevedra incluirá no estudo que debe presentar, antes de que finalice xaneiro, ao Ministerio de Fomento. Búscase así dar novos usos tanto a esta ponte como á que cruza o Verdugo en Ponte Sampaio.
Ambas pontes quedarán en desuso coa entrada en funcionamento da nova liña do Eixo Atlántico de alta velocidade, prevista para finais deste ano. A proposta técnica, cuxa redacción foi acordada na última comisión de seguimiento das obras do AVE, entre o Concello de Pontevedra e Fomento, está prácticamente terminada. Polo menos, no que se refire ás súas liñas mestras.
Desestimado a súa derriba "porque sería moi caro", segundo César Mosquera, o goberno municipal opta por darlle un uso peatonal a ambas pontes, que servirían ademais como miradores. Aínda que recoñece que no caso da de Ponte Sampaio haberá que ter en conta tamén a opinión do Concello de Soutomaior, ao unir a parroquia pontevedresa coa localidade de Arcade, situada alén do río Verdugo.
No caso máis claro, o de Monte Porreiro, a proposta está clara. O Concello quere que sirva como pasarela peatonal para unir a área da praia fluvial coa parroquia de Lérez. A maior complexidade, sinalou o edil nacionalista, é deseñar o acceso aos dous extremos da ponte, para o que se recuperaría un vello camiño agora en desuso, previa ampliación. "Esa era a dúbida fundamental", afirmou Mosquera, agora xa resolta ao comprobar o seu bo estado.
Ademais, habería que mellorar a seguridade na plataforma para evitar caídas e anular o túnel actual, "porque está en moi mal estado". De todo este proxecto, a parte máis "ferroviaria e estrutural" será executada por Fomento e a actuación "máis urbana, complementaria e de integración co entorno" será responsabilidade do Concello de Pontevedra. Completaríase coa reposición da senda fluvial entre a Illa das Esculturas e as inmediacións da vella ponte.
Relacionadas:
-
Inminente transferencia ao Concello da ponte de ferrocarril de Monte Porreiro e os falsos túneles de ADIF
Por Redacción |
-
Fomento comprométese a resolver as deficiencias que se manteñen das obras do AVE
Por Redacción |
-
Boa disposición en Fomento para converter a vella ponte do tren sobre o Lérez nunha senda peonil
Por Alejandro Espiño |
-
Moreira interésase polos plans de Fomento para as vías do tren que queden en desuso
Por Redacción |
-
Resolta a reparación dos danos causados polo AVE, o Concello aborda con Fomento o futuro das pontes en desuso
Por Oskar Viéitez |