Conclúe a primeira reforma en 25 anos da rúa cambadesa Isabel II
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou este venres Cambados para comprobar o remate das obras executadas na rúa Isabel II, na confluencia coa praza Ramón Cabanillas, que tiveron como obxectivo final a humanización e mellora da mesma de cara á dinamización do comercio local do seu entorno.
No acto estivo acompañado polo xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial, e polo alcalde de Cambados, Luís Aragunde.
O proxecto tivo un orzamento total de 40.000 euros, dos cales, o 75% (30.000 euros) foi aportado pola administración autonómica con cargo a unha liña de axudas para revitalizar a competitividade do comercio local.
En concreto, na rúa Isabel II, instalouse un asentamento adoquinado de lastras e dotouse de beirarrúas de granito, habilitándose zonas de carga e descarga e aparcadoiros para persoas con discapacidade. Luis Aragunde expricou que "esta rúa presentaba un pavimento moi bacheado que dificultaba o paso dos peóns e repercutía de forma negativa nas actividades comerciais deste entorno. Agora dá gusto pasear por Isabel II e acercarse ata aquí para comprar".