Empedran o último tramo pendente no conxunto histórico de Cambados: a avenida da Pastora
Por Redacción
A empresa adxudicataria rematou as obras da reurbanización, adecuación e mellora da avenida da Pastora de Cambados na súa primeira fase. A actuación, que se inclúe nun convenio do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) coa Área de Rehabilitación (AR), supón un novo chanzo na liña de traballo inicada polo Concello nos últimos anos para a recuperación do conxunto histórico, trala súa declaración como Área de Rehabilitación no ano 2001.
O investimento nesta primeira fase ascendeu a 83.500 euros para reurbanizar o tramo que une o cruce da rúa Isabel II co Castriño, único ramal pendente de empedrar no conxunto histórico de Cambados centro. Os traballos melloraron de xeito notorio a calzada da rúa que se atopaba en mal estado, pois retorouse o asfalto para sustituilo por enlousado de pedra.
O pavimento diferenciase en dúas zonas según o seu uso: un tramo central como vial de rodadura para o tránsito de vehículos e beirarrúas ás dúas bandas para uso peonil. A calzada da zona peonil asentou mediante lousetas de granito silvestre. O pavimento do eixo central realizouse meidante tacos de granito gris.
Tamén se dotou a rúa dos necesarios servizos de saneamento e recollida de augas pluviais que se atopaban moi deteriorados polo paso do tempo. O trazado adaptouse ás normas actuais de erradicación de barreiras arquitectónicas, accesibilidade e circulación de persoas con escasa mobilidade, ademáis de incorporala ó tecido de uso semipeonil vixente nas rúas do conxunto histórico.
O alcalde Luis Aragunde, xunto co primeiro tenente de alcalde e mailo enxeñeiro da empresa Covsa visitaron a zona do Castriño, onde procederon a supervisar o estado da obra concluida, analizando de cote posibles melloras a introducir. Tamén observaron sobre o terreo o segundo tramo da rúa que será obxeto dunha nova actuación que se levará a cabo ó longo dos vindeiros meses para completar o trazado.