Haberá candidatura de Vox nas municipais de Marín con Juan Manuel Rosales á fronte
Por Redacción
O ex garda civil Juan Manuel Rosales foi designado como candidato de Vox á Alcaldía de Marín, para as eleccións municipais que se celebrarán o próximo 28 de maio.
Rosales, licenciado en Ciencias Empresariais, está retirado actualmente do instituto armado, xa que foi diagnosticado cunha enfermidade dexenerativa.
Desde entón, subliña o partido, forma parte das clases pasivas desta institución.
Ademais, o alcaldable de Vox desenvolveu tamén actividades como director técnico comercial en diferentes compañías e traballou como axente da propiedade inmobiliaria nunha multinacional do sector.