Suso Sueiro, candidato do Partido Popular á alcaldía de Meaño
Por Redacción
O Partido Popular provincial referendou este luns a Suso Sueiro como candidato desta formación á alcaldía de Meaño nas eleccións municipais de maio.
O que será cabeza de lista do PP sinalou que é unha gran responsabilidade e asume con orgullo e compromiso esta decisión. Márcase como obxectivo para esta campaña ofrecer un proxecto "serio e determinante" para o municipio, "un proxecto de futuro e moi necesario para recuperar o tempo perdido", manifestou.
Luís López, presidente provincial do PP, e Luisa Piñeiro, secretaria xeral da agrupación, visitaron este luns o municipio para mostrar o apoio ao candidato. Suso Sueiro indica que numerosos afiliados e simpatizantes pedíronlle que encabezas a lista desde hai meses, desde que asumiu a xestora do partido, a finais de 2019.
"Meaño ten un gran potencial que non se está aproveitando e nós somos a opción fiable para conseguilo", explicou o candidato. Durante a xornada desprazáronse ata a zona de Pasales, en Dena, un dos eixos principais do programa do PP ao querer rexenerar esta contorna natural.
Luís López entende que os veciños "non van atopar unha mellor defensa dos intereses de Meaño" ao entender que Sueiro ten unha gran capacidade de traballo e moita ilusión. O presidente provincial reclamou unidade ao partido para obter os resultados nas urnas o 28 de maio.
Relacionadas:
-
Luís López e Román Rodríguez apoian a Suso Sueiro na presentación da súa candidatura a alcalde de Meaño
Por Redacción |
-
Carlos Viéitez presenta ao equipo co que aspira á reelección como alcalde de Meaño
Por Oskar Viéitez |
-
A pavimentación da rede viaria de Meaño rematará antes do verán
Por Redacción |
-
O PP presenta a Antón Xil en Ponte Caldelas como "alternativa" ante un goberno "cunha atención clientelar, populista"
Por Redacción |
-
A liquidación das contas de 2022 deixa en Meaño máis de 4 millóns de euros en remanentes
Por Redacción |
-
José Luis Gómez Fontenla, garda civil de profesión, será o candidato do PP a manter a alcaldía de Moraña
Por Redacción |