O PP presenta a Antón Xil en Ponte Caldelas como "alternativa" ante un goberno "cunha atención clientelar, populista"
Por Redacción
Este venres tivo lugar a presentación ante a veciñanza do candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ponte Caldelas, Antón Xil.
Neste acto, o presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, afirmou que "Antón Xil abandeira a política responsable, serena e rigorosa que é máis necesaria que nunca en Ponte Caldelas", e por iso animou a todas as persoas que queren un cambio no seu concello que se sumen ao seu proxecto.
O líder provincial dos populares enxalzou que Xil é unha persoa que leva moitos anos comprometido co movemento asociativo de Ponte Caldelas, con entidades culturais, sociais e deportivas, "é unha persoa moi dinámica que coñece perfectamente cales son as necesidades e prioridades dese concello. E por iso defende e presenta ante os veciños un proxecto serio, estable e necesario para Ponte Caldelas, afastado dos populismos, dos egos e dos personalismos".
López avogou por un cambio no Concello de Ponte Caldelas ante un "goberno esgotado, sen ideas, sen proxectos, cunha atención clientelar, populista, e cunha absoluta incapacidade de xestión", e como exemplos recordou que "o alcalde non presentou ningún proxecto para pedir subvencións de alcantarillado, nin proxecto de construción do balneario... é máis, moitas das subvencións que saca a Xunta de Galicia non as pide, e moitas das que se lle aproban non as executa e, ao final, ten que devolver os cartos".
Por iso, dixo que "fronte a un alcalde que se despreocupa, que non xestiona, que está máis centrado nas redes sociais e nas fotografías, temos a Antón Xil que está pendente permanentemente porque a Xunta limpe os camiños, pola estado na estrada de Laxoso (PO-234) e de que chegue ás asociacións a información das axudas que ofrece o Goberno galego".
Relacionadas:
-
Antón Xil presenta a súa lista prometendo rebaixar un 20% o custe actual do equipo de goberno
Por Redacción |
-
O Concello da Lama reclama o "máximo respecto" cara a oposición cualificada de "cacicada" pola CGT
Por Redacción |
-
CGT denuncia irregularidades na creación da praza de auxiliar bibliotecario na Lama para favorecer o candidato do PP en Ponte Caldelas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Suso Sueiro, candidato do Partido Popular á alcaldía de Meaño
Por Redacción |
-
O PP de Ponte Caldelas critica a falta de efectivos da Garda Civil no rural
Por Redacción |
-
Antón Xil repetirá como candidato do PP en Ponte Caldelas nas municipais de 2023
Por Redacción |