O Papa nomea arcebispo de Santiago a Francisco Prieto ao renunciar Julián Barrio por idade
Por Oskar Viéitez
A Santa Sede fixo público este sábado 1 de abril de 2023 o nomeamento de monseñor Francisco José Prieto Fernández como arcebispo da Diocese de Santiago.
Prieto sucede no cargo a Julián Barrio, que presidiu a Igrexa compostelá desde febreiro de 1996. Cando cumpriu os 75 anos, en agosto do ano pasado, presentou a súa renuncia, segundo o establecido no Código de Dereito Canónico.
Está previsto que o nomeamento se celebre o sábado 3 de xuño na Catedral.
Este sábado, nunha comparecencia ante os medios de comunicación Julián Barrio lembrou que deixa o cargo tras 27 anos e que "durante todo este tempo sentinme como na casa; acollido, comprendido, apoiado, axudado, nos días fáciles, que foron a maioría, e tamén nos difíciles, que non faltaron".
Nesta declaración, na sede do Arcebispado, Barrio estivo acompañado polo seu sucesor.
Relacionadas:
-
Milleiros de palmas reciben á 'Burriña' nun asollado Domingo de Ramos
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
A procesión da Virxe das Dores estrea a Semana Santa nas rúas de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
O II Certame de Bandas de Cornetas e Tambores abrirá o sábado a Semana Santa de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Pontevedra recupera a "procesión da Borriquiña"
Por Oskar Viéitez |
-
O párroco de Ribadumia celebrou os seus 102 anos
Por Oskar Viéitez |