![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/5b7/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64257b16c9-20230330-patxot-aavv-castelao-1957.jpg)
© Mónica Patxot
Así proxectan reformar a praza da Liberdade
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/5ac/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64259dc693-002.jpg)
© Concello de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a7b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/64257b099f-20230330-patxot-aavv-castelao-1958.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/76a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64259dea11-01.jpg)
© Concello de Pontevedra
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, mantivo un encontro este xoves con varios representantes da Federación de Asociacións de Veciños Castelao para presentar o proxecto de reforma previsto na praza da Liberdade.
Trátase dunha proposta que ten previsto cambiar a actual imaxe, ofrecendo máis xardín e espazos verdes. A Federación Castelao será o colectivo que ocupará o recinto que anteriormente era unha cafetería, en substitución do que manteñen, de titularidade municipal, nos baixos da praza.
A intención, segundo Fernández Lores, é que con este cambio se visibilicen "as propostas que poidan facer coa veciñanza". A praza ademais, na reforma prevista, contempla unha reordenación de espazos e do tránsito peonil.
Está prevista a creación dunha bancada de descanso, un par de láminas de auga e diversos espazos verdes. Segundo explicou o alcalde, o proxecto contará con fondos da Fundación Biodiversidade. "Houbo unha previsión inicial de cuberta verde para o Pazo da Cultura, pero finalmente este será o espazo escollido para a súa aplicación", explicou o rexedor sinalando a intención de crear cubertas verdes, sempre atendendo a que todo o que figure na superficie debe ser "lixeiro", apuntou Lores.
A intención é dotar de árbores na zona perimetral do aparcamento e facilitar a accesibilidade da praza e a creación de zonas de estancia, unha delas anexa ao edificio do local social.
O local social contará con aseos, sala de reunións, almacén e unha sala multiusos de máis de cincuenta metros cadrados.
A previsión é que se realice un investimento de 400.000 euros apróximadamente coa intención de sacar o proxecto de execución nos próximos meses para que salga a contratación e realizar a obra nun prazo estimado de catorce meses.