'Tok-a-Nós', o agradecemento da residencia de Campolongo pola avalancha de cartas de Nadal recibidas de toda España
Por Redacción
As persoas maiores usuarias da residencia de Campolongo queren darlle as grazas ás miles de persoas que durante o pasado Nadal lles enviaron cartas de felicitación dentro da campaña posta en marcha por este centro para loitar contra a soidade e están a deseñar unha carta colectiva e unha mensaxe pública de agradecemento no exterior do centro.
Este agradecemento enmárcase no obradoiro creativo 'Tok-a-Nós', posto en marcha pola Concellería de Benestar Social do Concello de Pontevedra.
A idea inicial do centro era enviar cartas de resposta a todas as persoas que lles enviaron as felicitacións, pero a avalancha de misivas recibidas imposibilita que poidan facelo. Desta maneira, con este obradoiro creativo e interdisciplinar as persoas residentes poderán enviar un agradecemento colectivo.
Para presentar publicamente o resultado do obradoiro, o vindeiro mércores 5 de abril (Día Internacional da Conciencia) ás 11:00 horas celebrarase un acto no salón de actos da residencia.
No acto estarán presentes e o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, e o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey. Este último explica que este obradoiro forma parte do seu "afán de traballar a prol dos dereitos das persoas e da veciñanza" e porque son conscientes da "clara transformación que se produciu na pirámide social e de que a pandemia exacerbou as desigualdades de base existentes e intensificou os impactos socioeconómicos, ambientais e de saúde sobre a vida das/os nosas/os maiores".
Marcos Rey tamén destacou que a resposta da cidadanía a esa especie de chamada de atención ou de auxilio que fixeron os maiores da residencia de Campolongo foi "unha abrumadora ondada de amor, que superou todas expectativas e que chegou ao corazón de todos eles".
Relacionadas:
-
"A caixa do correo máis grande do mundo" está na residencia de maiores de Campolongo
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Un Festival benéfico ofrecerá o mellor baile aos maiores da Residencia de Campolongo
Por Anxo Lourido |
-
Postais con Heidi e o seu avó chegan como agasallo creativo ao Centro de Maiores de Campolongo
Por Redacción |
-
O sentido agradecemento "a toda España" e aos seus coidadores dos maiores de Campolongo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Seis mil cartas, doces, artesanía e moito agarimo para "devolver aos maiores ao centro da vida na sociedade"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Residencia de Campolongo pon en marcha unha iniciativa para que os maiores reciban cartas polo Nadal
Por Redacción |