Investigan un coche que apareceu en Moraña con impactos de bala
Por Redacción
A Garda Civil mantén aberta unha investigación para esclarecer un estraño suceso acontecido este luns en Moraña. Un vehículo apareceu estacionado nunha rúa da localidade con varios orificios supostamente procedentes dunha bala.
A investigación desenvólvese con absoluta discreción e dende a Comandancia de Pontevedra rexeitan achegar datos ao respecto, pero outras fontes consultadas sinalan que o vehículo apareceu a primeira hora da mañá deste luns e que xa foi analizado polos investigadores.
O coche ten varios orificios na chapa que se corresponden con impactos de perdigóns dunha escopeta. Agora investígase a titularidade do coche e a orixe das balas ou se detrás deste achado pode haber outro tipo de delito.