Arturo Fontán, candidato á alcaldía de Portas polo BNG
O actual portavoz municipal do BNG no Concello de Portas, Arturo Fontán, foi elixido por unanimidade candidato á alcaldía co obxectivo de desbancar o Partido Popular, tal e como afirma o propio Fontán.
O candidato á alcaldía anunciou que o BNG vai presentar unha "candidatura solvente, ilusionante e con capacidade de facer despegar Portas". Entre os principais obxectivos de Fontán están os de dinamizar a vida social, cultural e económica do Concello.
Outra das preocupacións mostradas polo portavoz municipal foi a perda duns 400 habitantes desde o ano 2000, tal e como explican desde o partido.
Arturo Fontán afirmou que "Portas merece moito máis, merece un alcalde que dialogue, que traballe día si e día tamén polo benestar dous seus veciños e veciñas", e comprometeuse a traballar para levar a cabo as súas propostas.