Admiten a trámite a proposta de Ciudadanos para nomear a Rivas Fontán fillo predilecto de Pontevedra
Por Redacción
O Concello de Pontevedra admitiu a trámite a proposta de Ciudadanos para conceder o título de fillo predilecto de Pontevedra a un dos seus ex alcaldes, José Rivas Fontán.
Así o confirmou o coordinador do partido en Pontevedra, David Díaz, que destaca que esta solicitude foi aceptada despois de que a Valedora do Pobo tramitase unha queixa presentada por Ciudadanos ante o silencio municipal á súa proposta.
Díaz confía que "non existan máis impedimentos" para abordar esta cuestión e que este proceso culmine no seu "verdadeiro propósito", recoñecer a Rivas Fontán "pola súa traxectoria, legado e achega á nosa democracia, en especial o seu labor en favor de nosa Boa Vila".
"Este recoñecemento é de xustiza histórica e, persoalmente, será unha satisfacción que se lle homenaxee, pola admiración que lle profeso", sinalou o líder de Ciudadanos.
David Díaz asegura que se este nomeamento non se aproba antes das próximas eleccións municipais "farémolo cando entremos no goberno local".
Relacionadas:
-
Cidadáns di adeus en Pontevedra: "O partido practicamente suicidouse e iso só favorece o bipartidismo"
Por Redacción |
-
28M | David Díaz (Ciudadanos): "Hai que desbloquear Pontevedra. Non podemos organizar a cidade a gusto duns poucos"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Cidadáns presenta a súa candidatura para "desbloquear Pontevedra" coa irmá de Sonia Iglesias, Maricarmen Iglesias, de número 25
Por Oskar Viéitez |
-
Cidadáns propón unha homenaxe ao ex alcalde Rivas Fontán o día da Constitución
Por Redacción |