Cidadáns presenta a súa candidatura para "desbloquear Pontevedra" coa irmá de Sonia Iglesias, Maricarmen Iglesias, de número 25
Por Oskar Viéitez
O candidato de Cidadáns á Alcaldía de Pontevedra, David Díaz presentou este venres a lista coa que esta formación concorre ás eleccións municipais do próximo 28 de maio.
"Somos unha equipo de 'cidadáns de a pé', sinxelos, humildes e de fiar, que saben o que é sufrir aos políticos de sempre e que estamos dispostos a achegar o noso gran de area para desbloquear Pontevedra e levala a outro nivel, máis humano, onde o importante sexan as persoas, onde prime a xestión e se erradique a soberbia", dixo David Díaz.
A lista conta coa participación como independente da mestra e ex directora do CEIP San Martiño de Salcedo, Pracer Alonso Salgueiro, e péchaa, tamén como independente, Maricarmen Iglesias Eirín, coñecida por ser portavoz da familia Iglesias no caso da desaparición da súa irmá Sonia.
A candidatura está conformada por: Sandra Landín Casal (2), Ángeles Ferreirós Loureiro (3), José Andrés López Santomé (4), Placer Alonso Salgueiro (5), Juan López Álvarez (6), Santiago Martínez Novo (7) Álvara Vaqueiro Sobral (8), Raquel Antón Ucha (9), María José Duarte Ruíz (10), Agabo Pesqueira Díaz (11), David Barcia Castro (12), María Fernanda Del Campo Martínez (13), María del Pilar López Álvarez (14), María Dolores Iglesias Feijoo “Anaís” (15), Pedro Rodríguez Crespo (16), Xoan Francisco Martínez Utesa (17), María Montserrat Pazos Fontán (18), Susana González Villar (19), Rosa María García Moreira (20), Santiago Alamayona Ascarza (21), María Begoña Barcia Castro (22), María Teresa Fernandez Santás “Maite” (23), Roberto Crespo Barreiro (24) y María Del Carmen Iglesias Eirín (25).
Relacionadas:
-
Cidadáns di adeus en Pontevedra: "O partido practicamente suicidouse e iso só favorece o bipartidismo"
Por Redacción |
-
28M | David Díaz (Ciudadanos): "Hai que desbloquear Pontevedra. Non podemos organizar a cidade a gusto duns poucos"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
28M | Nove aspirantes e un único obxectivo: a Alcaldía de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Propoñen denominar 'Parque Sonia Iglesias' ao espazo infantil previsto en Campo da Torre
Por Redacción |
-
Os premios do 'Ravachol Ciudadano' estrean a nova sede de Cs en Pontevedra
Por Redacción |
-
Admiten a trámite a proposta de Ciudadanos para nomear a Rivas Fontán fillo predilecto de Pontevedra
Por Redacción |
-
Cidadáns confirma a David Díaz como candidato á alcaldía de Pontevedra
Por Redacción |