A Xunta levantará as restricións á pesca impostas no ano 2006 no río Umia
Por Redacción
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunciou que a Xunta levantará as restricións impostas no ano 2006 á pesca no río Umia. Será co inicio da próxima tempada de pesca.
A administración autonómica impuxera estas restricións sobre o río a raiz do incendio nas instalacións da empresa química Brenntag en Caldas de Reis que producise un vertedura á canle fluvial.
Agustín Hernández celebrou que xa se poderán pescar reos e troitas, segundo indicou este xoves durante a inauguración da nova depuradora de augas de Ribadumia.
TEMPADA DE PESCA
A tempada de pesca para o ano 2013 comezará o próximo 17 de marzo e rematará o 31 de xullo na comunidade galega.
Con carácter xeral, decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás festivos nacionais e autonómicos, e nos coutos de pesca tamén serán inhábiles os xoves. En relación coas horas, só poderase practicar pesca no período comprendido entre unha hora antes da saída do sol e unha hora despois da posta. As horas exactas serán as fixadas na páxina web de MeteoGalicia.