Dúas semanas para conmemorar a igualdade e o 8M en Ribadumia
Por Redacción
Charlas informativas, exposicións, contacontos e unha gala en homenaxe ás mulleres servirán durante as dúas vindeiras semanas para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, en Ribadumia.
O goberno local destaca que en Ribadumia traballan por esta causa os 365 días do ano, pois desde o inicio do curso escolar estase a levar a cabo un programa no CPI Julia Becerra Malvar con xornadas de traballo e concienciación coas familias denominado ‘Promoción da Igualdade e prevención da Violencia de Xénero’, como proxecto estratéxico no ámbito educativo. Este programa terá duración ata finais de curso.
Ademais, o Concello de Ribadumia foi recentemente beneficiario dunha axuda do Ministerio de Igualdade para o proxecto ‘Reparto en clave de Igualdade’, que recibirá unha axuda de 3.999,93 euros.
O Concello estreará a programación este mércores, 1 de marzo, coa inauguración da exposición bibliográfica arredor do 8M que se instalará na Biblioteca Municipal.
O 2 de marzo, ás 19:00 horas, celebrarase na Casa de Cultura de Ribadumia a charla ‘Hai mulleres, hai empresas’, onde se abordarán os plans de igualdade nas empresas como requisito imprescindible, entre outros asuntos.
O 4 de marzo, ás 10:00 horas, a Mancomunidade do Salnés celebrará o foro ‘O Salnés emprende con M’ no Auditorio de Cambados.
O 8 de marzo, ás 12:00 horas, procederase á lectura do Manifesto na Praza do Concello de Ribadumia. Ás 20:00 horas terá lugar na Casa de Cultura de Ribadumia unha sesión informativa denominada ‘Programa para a capacitación persoal e motivación orientada ao mercado laboral’. A segunda parte desta charla terá lugar o 15 de marzo na mesma localización e á mesma hora (20:00 horas).
O 12 de marzo, a partir das 19:00 horas, o Concello de Ribadumia celebrará a Gala ‘II Homenaxe ás mulleres de Ribadumia’, onde se homenaxeará a varias mulleres do municipio e, ó seu remate, o grupo Matrioshka Teatro representará ‘Comando Comadres’. O evento celebrase no Auditorio Municipal de Ribadumia, a entrada é de balde e apta para público adolescente e adulto.
Relacionadas:
-
Trece locais da hostalaría de Bueu crearán as súas propias tapas nas 'Xornadas gastronómicas en feminino'
-
"A nosa voz, o noso espazo. Os nosos dereitos", lema da Deputación na "intensa" programación do 8M
Por Oskar Viéitez |
-
A actriz Isabel Blanco presentará a Gala da Muller en Cambados o sábado 4 de marzo
Por Álvaro Arosa Barco |
-
Ollares de Portonovo retrata a 30 veciñas de Sanxenxo para unha exposición polo Día Internacional da Muller
Por Redacción |
-
Cinco mulleres "exemplos de vida" para conmemorar o 8M en Poio
Por Redacción |
-
A música e a muller centrarán un ano máis a nova edición de 'Mulleres e Inspiración'
-
'Cómicas, habelas hainas', un espectáculo de humor feito por mulleres para público adulto
Por Oskar Viéitez |