A actriz Isabel Blanco presentará a Gala da Muller en Cambados o sábado 4 de marzo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/244/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/63ff217029-116807889_10223376271339262_5686233463854911377_n.jpg)
© Isabel Blanco
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/744/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/63ff2202ae-333975556_599486754975985_8628962427239524234_n.jpg)
© Concello de Cambados
A gala celebrarase no Auditorio da Xuventude e terá a Isabel Blanco como mestra de cerimonias.
O evento abrirá as súas portas ás 17:00 horas e a programación comezará ás 17:30 horas coa actuación musical de Mai Châu Flores Gómez, alumna do conservatorio elemental de música de Cambados. A entrada ao acto será libre.
Tras a actuación, Isabel Blanco presentará a Gala da Muller onde se proxectará un documental dirixido por ela mesma titulado Tralos pasos de María Casares.
A programación continuará ás 18:40 co monólogo O café das empoderadas, coa colaboración de Ariadna Santana.
Tras o monólogo, o evento acollerá ás 19:00 horas a presentación do proxecto Mulleres da Vila, que mostra entrevistas a 15 mulleres empresarias de Cambados. Posteriormente serán homenaxeadas cunha entrega de premios.
A celebración terminará ás 20:00 horas coa actuación de Raquel Espiñeira, alumna da Escola de Música Municipal de Cambados.