'Cómicas, habelas hainas', un espectáculo de humor feito por mulleres para público adulto
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este venres "unha das grandes novidades da programación cultural" que organiza a administración provincial para este ano 2023 que é 'Cómicas, habelas hainas'.
Segundo indicou Carmela Silva, trátase de "unha innovadora proposta " coordinada pola actriz viguesa Jazmín Abuín "coa que imos potenciar o papel das mulleres cómicas na provincia".
Do 4 de marzo ao 12 de maio a Deputación levará por todas as comarcas da provincia a comedia feita e protagonizada por mulleres, con dez monólogos en vivo a cargo de Jazmín Abuín, Arantxa Treus, Marta Doviro, Bianca Kovacs, Coria Castillo e Bárbara Grandío.
A presidenta destacou que, desde o goberno provincial "seguimos a apostar pola igualdade e por levar a cultura a todo o territorio" convencidos de que "non hai un elemento de transformación social como a cultura".
Carmela Silva incidiu en que, con esta iniciativa, "imos romper cos prexuízos que aínda hoxe moitas cómicas, especialmente en Galicia, sufrindo" xa que "tamén o humor segue sendo un terreo maioritariamente masculino e non precisamente por falta de profesionais ou talento".
Relacionadas:
-
"Cómicas, habelas hainas" chega este xoves ao Teatro Principal, con Jazmín Abuín, Arantxa Treus, Bárbara Grandío e Bianca Kovacs
Por Redacción |
-
Dúas semanas para conmemorar a igualdade e o 8M en Ribadumia
Por Redacción |
-
"Sempre houbo, hai e haberá mulleres. Neste libro podes atopalas"
Por Natalia Puga |
-
Moraña, punto de partida dun "Cómicas, habelas hainas!" que pechará a súa xira en Pontevedra e O Grove
Por Redacción |
-
'Vémonos mañá', o libro sobre Josefina Arruti e Osorio-Tafall, presentado na Deputación
Por Redacción |
-
Piden colaboración para decidir que debuxo de Castelao se vai converter en postal turística do Museo
Por Redacción |
-
A Deputación celebrará "por todo o alto" o Día de Rosalía
Por Oskar Viéitez |
-
A novela gráfica 'As 9 cruces' xa esta disponible en papel
Por Redacción |