Chocolate con churros e baile para celebrar a gran asistencia ao desfile de Entroido na Lama
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/010/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/63fa700b83-img_3530.jpg)
© Concello da Lama
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b3a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/63fa700a39-img_3377.jpg)
© Concello da Lama
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/d9c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/63fa700cb4-img_3760.jpg)
© Concello da Lama
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/97f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/63fa700a10-img_3310.jpg)
© Concello da Lama
As baixas temperaturas foron superadas polos participantes e polo público que este sábado 25 asistía ao desfile do Entroido na Lama.
Segundo o Concello, ao redor de mil persoas participaron no desfile, que percorría as principais rúas do centro da vila onde un numeroso público asistía ao paso da comitiva ofrecendo un espectáculo de cor e humor.
Tras o percorrido, a organización repartiu chocolate con churros para superar o frío antes da entrega de premios, que contou coa participación do grupo musical 3.COM, que animou a tarde e mantivo o ritmo entre os asistentes a este acto recuperado cunha previsión de participantes que desbordou as previsións do Concello da Lama.
Os premios repartíronse da seguinte forma:
a) Comparsas:
1º Premio: Raíña do Entroido, para Os Solfamidas.
2º Premio: Os 100tolos.
3º Premio: Las Flores del Carnaval.
b) Grupos Local:
1º Premio: La Pandilla, de Ponte Caldelas (200 euros)
2º Premio: Habelas hainas, da Lama (150 euros)
3º Premio: Nécoras Pécoras e Pulpo Mariscón, da Lama (100 euros)
Grupos Visitantes
1º Premio: Moreira a Tope, de Soutomaior (200 euros)
2º Premio: A Semente de Salcedo, Pontevedra (150 euros)
c) Individuais/ Parellas
1º Premio: Encantador de serpientes (75 euros)
2º Premio: Exploradores Salvajes (50 euros)
3º Premio: Zombis (30 euros)
Desfile de Entroido na Lama
Arredor de mil persoas participaron neste desfile celebrado o domingo 25 de febreiro
© Concello da Lama
Relacionadas:
-
O concurso desfile de Entroido en A Lama volverá o sábado a reivindicar ao Conde Cabanelas
Por Redacción |
-
A Lama recupera a tradición do Entroido e agarda xuntar un milleiro de persoas no seu 'sambódromo'
Por Redacción |
-
Regresa o Entroido á Lama cun desfile e premios aos mellores disfraces
Por Redacción |