Abrir Raíña Vitoria, eixo do proxecto de Rafa Domínguez para a mobilidade da cidade
Por Alejandro Espiño
Se a partir do próximo 28 de maio Rafa Domínguez se converte en alcalde de Pontevedra, a súa primeira decisión será reabrir ao tráfico Raíña Vitoria. Así o reiterou o candidato do PP á Alcaldía, que este venres presentou as súas medidas en materia de mobilidade.
Este peche, segundo denunciou, "se hizo en base a una mentira" porque se tratou dunha "idea política camuflada bajo la pandemia", que resultou ser "mala" para Pontevedra porque nin sequera a rúa "se llenó de vida".
Raíña Vitoria, engadiu Domínguez, é un "símbolo" que evidencia as diferenzas dun "Lores de 1999" que impulsou un modelo urbano "del que todos estamos orgullosos", ao alcalde actual, ao que ve "en decadencia y que toma decisiones equivocadas una tras otra".
Tras esa reapertura, o líder do PP considera "fundamental" realizar un estudo de tráfico "ambicioso" para avaliar os fluxos de tráfico na cidade e propoñer cambios na circulación ou, entre outras cousas, optimizar os tempos dos semáforos.
Crear unha rede de aparcamentos disuasorios no arrabalde da cidade ou incrementar a media hora o permiso máximo para estacionar en zonas reservadas para servizos son outras das medidas que o PP incluíu neste paquete de propostas.
A iso sumou impulsar carrís bici nos viais periféricos de Pontevedra, que comuniquen directamente con Marín, Poio ou Vilaboa; estudar axustes nos horarios de trens e autobuses ou revisar as paradas do transporte urbano pontevedrés.
Con respecto a un dos seus cabalos de batalla nas últimas municipais, Rafa Domínguez mostrouse partidario de revisar "un por un" todos os lombos instalados en Pontevedra, pero asegurou ser favorable a manter a maioría deles.
Os que serían retirados, se goberna o PP, son os que están situados nas contornas dos centros sanitarios e hospitalarios, xa que segundo Domínguez causan un gran prexuízo aos enfermos que deben ser trasladados para recibir calquera atención sanitaria.
Traballar para eliminar a peaxe da AP-9, no tramo entre Pontevedra e Barro, foi a última das propostas esbozada polo candidato popular, algo que xeraría "vantaxes competitivas", reduciría o tráfico na estrada PO-531 cara a Vilagarcía e faría que fora "innecesaria" a proxectada Variante de Alba.
Relacionadas:
-
Asociacións empresariais súmanse á fronte común impulsada polo PP contra a peaxe Pontevedra-Barro
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Rafa Domínguez cre que no PP "debemos empezar a explicar qué queremos hacer en los próximos años"
Por Oskar Viéitez |
-
Rafa Domínguez presenta o seu plan de acción para as municipais: "Salimos a por la mayoría"
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez asina ante notario que "lo primero que haga" como alcalde será reabrir Raíña Vitoria
Por Alejandro Espiño |