Petición económica á Xunta para instalar luces LED no campo da Bouza na Illa de Arousa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello da Illa de Arousa considera necesario un cambio de iluminación no campo de fútbol da Bouza, retirando a actual para instalar tecnoloxía led.
Desta forma, o goberno local ha presentado unha iniciativa a unha convocatoria da Consellería de Infraestruturas solicitando 40.000 euros para cambiar os 24 "obsoletos" focos do campo de fútbol. Neste campo, o Concello realizou un investimento de máis de 180.000 euros fai catro anos para dotalo de herba artificial. Naqueles traballos quedou pendente a renovación do sistema lumínico.
O goberno da Illa lembra que, a finais de 2022, investíronse 4.000 euros para cambiar as luminarias públicas na Rúa Sucavirto, Suaviña e Rúa dos Cons, cun aforro previsto do 70%, ao pasar o consumo de 80w a 26w.
A solicitude desta axuda vai encamiñada a aplicar a tecnoloxía led no maior número de espazos de uso de iluminación pública no municipio.
O Concello elaborou unha memoria que recolle o número de luminarias e cadros que sería necesario substituír para unha renovación integral. O documento base para a solicitude de subvención, que tramita o Instituto pola Diversificación e Aforro da Enerxía, presenta un orzamento de 953.925 euros.