A Illa estende a iluminación LED a tres novas zonas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello da Illa de Arousa avanza na transformación enerxética do municipio cunha nova actuación de cambio nas luminarias públicas.
Trátase da substitución das luces nas rúas Sucavirto, Suaviña e a Rúa dos Cons.
En total colocaranse 20 puntos de luz con tecnoloxía LED, de baixo consumo, que se estima permitirán aforrar ata un 70% o consumo de enerxía.
Este iniciativa, avanza o goberno local, se extendrá ao longo de leste mesmo ano a outras rúas da localidade.
Na actuación investíronse 4.000 euros.