As obras de mellora da EP-9801 sairán a licitación por 293.461 euros
Por Redacción
O Concello da Illa de Arousa aprobou o proxecto de humanización da rede viaria e mellora da seguridade na EP-9801 Ponte-A Laxes. A actuación está financiada pola Deputación de Pontevedra e que sairá a licitación por 293.461 euros.
Estas obras, segundo avanzaron desde o goberno local, mellorarán a calidade do tráfico no principal vial de acceso ao centro do municipio e que entronca coa obra de recuperación de espacios e mellora da mobilidade peonil na Avenida Castelao, que está en execución e ten un orzamento de 1.160.220 euros.
O concelleiro de Servizos, Luis Arosa, explicou que o proxecto inclúe a reparación da estrada mediante a execución de saneos e fresado dunha franxa lateral da capa de rodadura existente. Despois procederán á aplicación dun tratamento superficial, a reposición do firme existente mediante a extensión dunha capa de formigón bituminoso en quente e a colocación de pasos de peóns sobreelevados. Finalmente, repoñerán a sinalización horizontal e vertical.
As obras foron aprobadas pola Deputación Provincial na xunta de goberno celebrada este venres e contarán cun prazo de execución de tres meses a contar desde a adxudicación das mesmas.
Relacionadas:
-
A Deputación aproba novos investimentos na provincia por 7,5 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
Seis millóns de euros en recursos da Deputación destinados a concellos, asociacións e colectivos
Por Oskar Viéitez |
-
A pasarela do Naval da Illa de Arousa ten os días contados e será substituída por unha beirarrúa
Por Redacción |