A Deputación aproba novos investimentos na provincia por 7,5 millóns de euros
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva deu conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Provincial celebrada este venres na que mobilizáronse novos recursos por 7,5 millóns de euros en materia de infraestruturas (4,2 millóns), seguido das novas achegas do Plan Concellos (2,4 millóns), a programación de concertos de Musigal (preto de medio millón de euros) e o desenvolvemento do programa de igualdade Conectadas (324.000 euros).
No caso do Plan Concellos, aprobáronse seis achegas da Liña 3 de Emprego (976.900 euros) e permitirán contratar a un total de 105 persoas en Cerdedo-Cotobade, Crecente, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Tui. E outras seis axudas da Liña 1 de Investimentos por 1,3 millóns para Vilagarcía, Marín, Ponteareas, Salvaterra, A Illa de Arousa e Agolada.
Por outra banda, en materia de Infraestruturas aprobáronse "proxectos moi potentes" para diversas actuacións para o acondicionamento da rede provincial de estradas. Como os tres convenios con Cerdedo-Cotobade, cun orzamento total de 946.599 euros para financiar o ensanche e a mellora da EP-0405 de Almofrei; con Meis, para a mellora da EP-8004 Caldas-Vilanoviña (199.553 euros); Ponteareas, para a execución do proxecto de humanización dun treito da avenida Sarmiento Rivera (630.423 euros).
Tamén saíron adiante 6 proxectos para a mellora da seguridade viaria en Vila de Cruces, Forcarei, Soutelo de Montes, Illa de Arousa, Gondomar, A Cañiza,
Ademáis, en materia cultural, a Xunta de Goberno deu luz verde á lista de 58 actuacións musicais que se desenvolverán noutros tantos municipios co programa Musigal, e no eido da igualdade, aprobouse o expediente para contratar o desenvolvemento do programa Conectadas, que neste 2023 chega á súa sexta edición e conta cun orzamento de 324.000 euros.
Por último, a Deputación de Pontevedra "redobra" o seu apoio ás festas de interese turístico da provincia para "construír un destino competitivo e con identidade". Así, o goberno provincial destina este ano 74.000 euros para estas celebracións singulares, desde o Cocido de Lalín, o Corpus de Ponteareas, a Reconquista de Vigo, A Rapa das Bestas de Sabucedo ou o Albariño de Cambados.
Relacionadas:
-
Marín pechou 2022 cun remanente de tesourería de máis de 2,5 millóns de euros
Por Redacción |
-
Meaño acende o seu "Corazón do Salnés"
Por Redacción |
-
Comezan as obras de humanización no entorno da capela das Angustias, en Meaño
Por Redacción |
-
O Concello da Illa de Arousa destinará 173.479 euros á reordenación da rúa Castriños
Por Redacción |
-
As obras de mellora da EP-9801 sairán a licitación por 293.461 euros
Por Redacción |