Meaño acende o seu "Corazón do Salnés"
Por Redacción
Meaño comparte o seu "Corazón do Salnés" con toda a contorna este 14 de febreiro.
Este corazón vermello estará acendido ata o mércores, cunha alfombra tamén vermella fixadas con xardineiras florais e no centro da Praza de Dena.
Segundo afirma o Goberno local, este elemento lumínico nacido ao carón do Nadal está chamado agora a converterse en "símbolo do amor en todas as súas variedades".
Por elo, desde o Concello lanzan unha proposta a toda a poboación para que nestes días "inmortalicen as súas relacións de amor ou de amizade, en grupos ou en parellas, coas familias ou cos amigos, co ‘Corazón do Salnés’ como testemuña".
Tamén animan a compartir esas imaxes nas redes sociais co hashtag #amameañocorazondosalnes para contribuir durante uns días a difundir mensaxes optimistas e positivos.
O alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, afirma que "en Meaño estamos orgullosos do noso Corazón e temos comprobada a súa capacidade para despertar sorrisos entre quenes o ven por primeira vez. E eso é o que queremos transmitir con esta iniciativa: positivismo", e confía en que a imaxe do Corazón "inunde" estes días as redes sociais.