Canas de chocolate e vatrushkas, esta fin de semana en 'O Ganapán'
O Mercado de Abastos acollerá os días 11 e 12 de febreiro unha nova edición de O Ganapán. Os escolares de entre 4 e 10 anos elaborarán dúas deliciosas receitas doces cunha chiscadela á Europa Oriental: unhas canas recheas de chocolate e unhas vatrushkas, uns pans doces típicos dos países do Leste.
Ademais, realizaranse obradoiros nos que os escolares aprenderán a confeccionar unha nave espacial cun extraterrestre aos mandos e un foguete espacial.
A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, lembra que "os talleres se celebrarán no horario habitual, de 11:30 a 13:30, no Gastroespazo do Mercado de Abastos". Insiste en que aqueles menores que desexen asistir aos talleres deberán reservar a súa praza previamente a través do email oganapan@gmail.com, onde se solicitará que cada asistente indique as posibles alerxias ou intolerancias.
Tamén pide puntualidade aos asistentes e recomenda levar unha friameira para que os escolares trasladen os produtos elaborados ás súas casas e poidan saborealos coas súas familias.
Relacionadas:
-
Maruxas de nata, superheroes e superheroínas de pau, próximos protagonistas de 'O Ganapán'
Por Rosalía Rico Otero |
-
Paninis de cabaza e queixo de cabra saborosos esta fin de semana no Ganapán
-
Un toque italiano en 'O Ganapán' esta fin de semana
-
Ganapán de Nadal, a partir do venres 23 no Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
O Ganapán entra de cheo no Nadal esta fin de semana
Por Redacción |
-
Cinco días de actividades do Ganapán no Gastroespazo do Mercado
Por Redacción |