Manuel Fariña lanza a súa candidatura como candidato en Caldas dun BNG co que "aspiramos a todo"
Por Redacción
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Caldas de Reis ratificou a Manuel Fariña como o seu candidato ás eleccións municipais do próximo mes de maio.
"Aspiramos a todo", asegura o recentemente elixido candidato defendendo que "pálpase no ambiente un desexo de cambio, de rematar coas rutinas, a ineficacia e a falta de proxecto do PSOE de Juan Manuel Rey".
"Estes últimos catro anos foron catro anos perdidos, sen pulsión, sen iniciativa, sen ganas por transformar o noso concello e sentar as bases para o seu desenvolvemento. Temos problemas crónicos, mais o alcalde e o seu grupo miran sempre para outro lado, en vez enfrontar estes problemas e poñerse a traballar para buscarlle solucións", afirma Fariña.
O candidato do BNG lembra o pacto polos orzamentos municipais alcanzado en 2020 cuns acordos que "na súa maioría e desde o minuto 1, ou PSOE empeñouse en incumprir".
No que respecta ao proxecto que defenden para Caldas de Reis, o BNG cualifica de imprescindible insistir con "enerxía e determinación" ás restantes administracións, pola situación da sanidade pública e pola situación do río, ademais de por os problemas de mobilidade e seguridade viaria das estradas estatais ao seu paso polo centro da localidade.
Relacionadas:
-
Juan Manuel Rey, a polo seu quinto mandato en Caldas: "Mentres a veciñanza queira serei o seu alcalde"
Por Redacción |
-
Xabier Rodríguez Paz encabezará a candidatura municipal do BNG en Vilagarcía
Por Redacción |
-
O BNG leva ao Congreso a mellora da seguranza viaria na N-640 en Caldas de Reis
Por Redacción |
-
O BNG acusa á Xunta de "agochar" a contaminación do Umia, " incumprindo os seus propios protocolos"
Por Redacción |