Denuncian que en Sanxenxo van derivar pacientes pediátricos a médicos de adultos sen preparación específica
Por Redacción
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Sanxenxo denuncia un novo problema na atención sanitaria do municipio derivada de que se está derivando a pacientes pediátricos para que os atendan médicos de familia de adultos e non especialistas preparados para a atención da súa idade.
Segundo explican desde a plataforma, persoal dos centros de saúde de Sanxenxo comunicaron esta práctica "anormal" na adxudicación de citas e tamén que se está a facer sen comunicación previa da directora asistencial da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Esta plataforma dá voz aos facultativos dos centros de saúde, que consideran que se está "creando o caldo de cultivo propicio para que se poidan ocasionar conflitos" entre as familias destes pacientes menores e os médicos de familia.
Así, aseguran que os menores de 15 anos serán atendidos polos médicos de atención primaria dos seus pais e nais, pero hai médicos de familia que se negan por varios motivos, entre eles, que non existe comunicación escrita por parte da directora asistencial, e "unha vez preguntada por esta cuestión tampouco responde", segundo fontes internas.
Ademais, insisten en que os médicos de familia non son pediatras, polo que non contan con titulación e no centro de saúde de Vilalonga tampouco con infraestrutuas para atender á poboación de curta idade.
Tamén sinalan que os cupos de médicos de familia que están de baixa ou vacacións están sendo derivados a compañeiro en activo que atenden a entre 50 e 60 pacientes adultos diarios, aos que agora habería que engadir tamén pacientes pediátricos.
Lembran tamén que no Centro de saúde de Baltar existen dúas prazas de pediatría, agora mesmo coa promesa da cobertura dunha e outra sen visos de que vaia suceder e que os nenos teñen que ter unha atención sanitaria de calidade, polo que debe ser un médico pediátrico quen os atenda.
"Quen se fai responsable en caso dun erro médico cometido por un facultativo sen a preparación necesaria e sen unha orde por escrito da directora asistencial?", preguntan desde a plataforma, que consideran que o persoal sanitario e os pacientes non teñen que ser quen asuman a "mala xestión dos responsables da Consellería de Sanidade".
Relacionadas:
-
SOS Sanidade Pública convoca novas concentracións este mércores nos centros de saúde de Baltar e Vilalonga
Por Redacción |
-
Globos de cores para destacar a importancia da Atención Primaria na celebración do seu Día Mundial
Por Redacción |
-
Autobuses gratis para todos os pontevedreses que queiran acudir á manifestación de SOS Sanidade Pública
-
Este é o informe da situación na área sanitaria de Pontevedra que o conselleiro expuxo aos alcaldes
Por Redacción |
-
Decepción entre os alcaldes de PSOE e BNG en Pontevedra tras reunirse co conselleiro de Sanidade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Unha fronte de alcaldes pide que Rueda asista á reunión para tratar a situación sanitaria do distrito de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Guerra política aberta arredor da situación sanitaria na área de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
O centro de saúde de Vilalonga non terá médico do 5 ao 9 de decembro
Por Redacción |