Dá positivo en consumo de drogas tras conducir por leiras de Poio ata atrancar o turismo
Por Redacción
Residentes da zona de Fontenla na parroquia de San Xoán de Poio quedaron sorprendidos ao comprobar que este xoves 12, ao redor das 13.00 horas, un mozo circulaba cun turismo polo medio das leiras da zona.
A peripecia provocou que o vehículo quedara atrancado nunha zona embarrada.
Ata o lugar achegábase unha dotación da Policía Local de Poio, que identificaba o condutor na zona impracticable, a uns trescentos metros do vial asfaltado.
Na primeira exploración, os axentes comprobaron que o home ofrecía claros síntomas de ter consumido algunha substancia estupefaciente.
Unha vez realizadas a probas, o test confirmaba o positivo en consumo de drogas.
Debido a esta infracción, o home recibiu unha sanción de 1.000 euros de multa coa retirada de seis puntos do permiso de circulación, segundo informa a Policía Local de Poio..
Relacionadas:
-
Un condutor dá positivo en Poio por un 'cóctel' de cinco drogas diferentes
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio alerta de estafas bancarias a través dunha mensaxe SMS
Por Redacción |
-
Multan un veciño de Poio polos paseos das súas galiñas pola estrada
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local de Poio amosa armas incautadas nos últimos anos e alerta das sancións por portalas sen autorización
Por Redacción |
-
Un condutor queda atrapado no desnivel da Avenida da Costa en Combarro tras chocar contra outro turismo
Por Anxo Lourido |
-
Ferida unha muller nun atropelo en Poio
Por Redacción |
-
Atropelo dunha muller de 61 anos na rotonda da Barca
Por Redacción |