Posposta para o 14 de xaneiro a plantación de árbores naturais de Nadal
Por Redacción
O Concello de Pontevedra pospón a plantación árbores de Nadal que ía ter lugar esta fin de semana para o vindeiro sábado 14 de xaneiro debido as malas condicións meteorolóxicas. Tamén amplíase o prazo de inscrición un día máis.
Esta xornada de Rearborízate, promovida polo Concello e a Comunidade de Montes de Tomeza, consiste en proporcionar unha nova vida ás árbores de Nadal naturais que familias, comunidades ou empresas utlizan nestas datas para decorar.
É por iso que, para darlles unha segunda vida, as persoas que queiran facelo coas súas propias mans poderán plantar a árbore nunha parcela elixida ou cedéndolla ao Concello.
A inscrición está aberta ata o 12 de xaneiro ás 12:00 horas a través da páxina web https://apuntate.pontevedra.gal/rearborizate/. É totalmente de balde.
Finalmente, o Concello lebra que as árbores teñen que estar vivas e manter o seu terrón, non deben estar cortadas nin ter o terrón desfeito xa que non sobrevivirán.