A Orquesta La Ocaband, coa colaboración de Pepo Suevos e Manquiña, actúa este luns na Seca
Por Redacción
'Un conto de Nadal' é o título do espectáculo que este luns se ofrece na Carpa situada na Seca, no municipio de Poio. Unha montaxe musical, que conta coa colaboración dos coñecidos actores Pepo Suevos e Manquiña, da Orquestra La Ocaband. Esta actuación que comezará ás 19.30 horas contará tamén coa participación especial de artistas locais e sorpresas.
Esta proposta, que forma parte da programación festiva do Concello de Poio, tamén inclúe cantos do Nadal en varios ritmos e estilos desde o rock ata a música clásica para chegar a todos os públicos.
Desde as 16.00 horas, durante os tres primeiros días da semana, tamén nesta chaira realizaranse diferentes actividades de lecer con karts a pedais, quads, minis eléctricos, segways, inchables e máquinas recreativas vintage.
O martes 3 haberá unha festa infantil coa participación do DJ Javi Solla e o mércores será a quenda do Cantar de Reis, a partir das 18.00 horas.
Xa o xoves 5, con motivo da chegada dos Reis Magos, a partir das 10.45 horas, a comitiva real percorrerá as parroquias con paradas nas prazas e animación musical de Vides Novas, Charanga 112, Batucada Os Queimatasas e a Charanga Mil9 Roteiro Real. A recepción a Melchor, Gaspar e Baltasar levará a cabo a partir das 17.00 horas na carpa da Seca, con diferentes actividades de animación.
Relacionadas:
-
Expectación e apertas na visita dos Reis Magos a Poio
Por Redacción |
-
Poio invita os rapaces a "xogar na Seca" durante a semana de Nadal
Por Redacción |
-
A campaña 'Caixas de ilusión' recolle 400 quilos de alimentos que se entregarán entre 50 familias de Poio
Por Redacción |
-
Combarro, entre as localidades agraciadas co Gordo da Lotaría de Nadal ao número 05490
Por Alejandro Espiño |