Combarro, entre as localidades agraciadas co Gordo da Lotaría de Nadal ao número 05490
Por Alejandro Espiño
O Gordo volveu a caer nas Rías Baixas. Combarro (Poio), Vigo e O Porriño son tres das localidades que venderon algún décimo do Gordo da Lotería de Nadal, un dos máis repartidos dos últimos anos. Foi para o número 05490.
O primeiro premio deste sorteo extraordinario saíu sobre as 11:20 horas.
No caso de Combarro, foi un décimo que repartiu o restaurante Hogar del Puerto, situado na Rúa Baixada á Chousa. Vendeuse, previsiblemente, a través de máquina.
O seu afortunado posuidor recibirá 400.000 euros.
A sorte do 05490 en Galicia foi, especialmente, para A Coruña e A Fonsagrada (Lugo), onde se despacharon 45 series do Gordo en cada unha delas, o que supón a repartición de 360 millóns de euros.
Ademais de Vigo e O Porriño, un décimo do primeiro premio vendeuse tamén en Noia.
Relacionadas:
-
O segundo premio da Lotería do Neno vendeuse na Librería Avenida de Eduardo Pondal
Por Anxo Lourido |
-
A Orquesta La Ocaband, coa colaboración de Pepo Suevos e Manquiña, actúa este luns na Seca
Por Redacción |
-
Bueu reparte 3,6 millóns de euros: "Xa tiñamos preparadas as botellas por se tocaba algo"
Por Diego Espiño & Anxo Lourido |
-
Tres millóns en Bueu para o número 25296, un cuarto premio que deixa tamén un belisco na Illa de Arousa
Por Alejandro Espiño |
-
Outro quinto premio, o 87092, tamén se reparte na Illa de Arousa
Por Alejandro Espiño |
-
"Aquí todo Combarro vén a comprar lotaría, non sabemos a quen lle tocou"
Por Alejandro Espiño & Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
A Lotaría de Nadal deixa un quinto premio na Illa de Arousa, un décimo do número 88509
Por Redacción |