Investigan se o incendio producido nunha casa en Poio pode tratarse dun caso de violencia machista
Por Redacción
Axentes da Policía Local de Poio tiveron que intervir o pasado día de Nadal por un incendio declarado nunha vivenda do Camiño Real do Casal.
Durante o sinistro, unha muller tivo que ser evacuada e atendida polos sanitarios do 061 por inhalación de fume.
Ao lugar dos feitos, que se produciron ao redor das 20.20 horas do día 25 de decembro, acudiron efectivos da Policía Local, dos Bombeiros de Pontevedra, do GES de Sanxenxo, de Protección Civil, e da Garda Civil.
Tras extinguir o incendio, os axentes procederon á detención dun home ao que investigan como posible autor dun delito de violencia machista, debido a que sospeitan que plantou lume á casa cando estaba a súa parella no interior.
Dada a rápida intervención dos traballadores de emerxencia, o incendio soamente deixou danos materiais de pouca consideración.
Relacionadas:
-
Carmela Silva reclama renovar o Pacto de Estado contra a violencia machista e "darlle as costas" a partidos "negacionistas"
Por Alejandro Espiño |
-
Deteñen un home tras entrar armado e disparar no Cash Froiz da Barca sen causar feridos
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Falece a octoxenaria de Poio atropelada nun paso de peóns o xoves
Por Natalia Puga |
-
Detido un veciño de Poio por agredir á súa parella
Por Diego Espiño |