O comercio de Pontevedra agasalla uns lentes especiais para ver os agasallos de Nadal
Por Redacción
A Concellería de Promoción Económica e Turismo, que dirixe Yoya Blanco, comezará a distribuír a vindeira semana entre o pequeno comercio de Pontevedra uns exclusivos anteollos que contribuirán a que o Nadal da nosa cidade brille con máis intensidade.
Trátase duns lentes de realidade lumínica aumentada de cor vermella capaces de transformar a luz captada nunha imaxe, neste caso, a duns agasallos de Nadal.
Segundo anunciou a concelleira Yoya Blanco, "distribuiremos un total de 2.000 unidades entre os establecementos comerciais de Pontevedra, de xeito que llas poidan obsequiar aos clientes cando realicen as súas compras".
"É unha maneira máis de imbuírnos no espírito do Nadal e de axudar a dinamizar e alumear con luz propia o comercio de proximidade nestas datas tan importantes", afirmou a concelleira socialista.
Na patilla dos lentes aparece escrito o lema 'Pontevedra Brilla'.
"Con estes anteollos de realidade lumínica aumentada mesmo se poden prolongar as luces de Nadal durante todo o ano", asegurou a edil.
Relacionadas:
-
A Xunta de Coros convida os pontevedreses a cantar panxoliñas o 27 de decembro
Por Redacción |
-
Os nenos e nenas de Pontevedra xa poden enviar as súas cartas aos Reis Magos
Por Redacción |
-
Concerto da Banda de Música de Salcedo e da Coral Polifónica para celebrar o Nadal este venres 23
Por Redacción |
-
Crema de marisco, lagostinos e bacallau, o menú para a Noiteboa nos hospitais públicos de Pontevedra
Por Redacción |
-
Entrega de xoguetes e lotes de roupa na inauguración da nova sede de Boa Vida
Por Redacción |
-
Paseos en triciclo eléctrico adaptado para que gozar do Nadal non teña limitacións de idade
Por Redacción |
-
Destacados DJ colaboran coa asociación Juan XXIII na súa Festa de Nadal
Por Redacción |