O popular Ricardo Martínez optará á reelección á Alcaldía de Portas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Ricardo Martínez optará á reelección á alcaldía de Portas nas municipais de maio. Así o anunciou este mércores o candidato do Partido Popular, nun encontró con varios representantes da xunta local, ao que asistiron o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, e a secretaria xeral, Luisa Piñeiro.
Martínez, que foi elixido hai un mes presidente local do partido, agradece todo o apoio e a confianza dos seus compañeiros e dos veciños de Portas, e amosouse "ilusionado e comprometido para seguir traballando por e para os meus veciños".
Nesta liña, comprometeuse a "continuar a pé de rúa e totalmente pegado ás necesidades e prioridades da cidadanía, para seguir acertando con políticas e servizos que melloren a súa calidade de vida. Ofrezo traballo, proximidade e o meu compromiso para seguir facendo de Portas un gran concello para vivir".
Dixo que "temos proxectos importantes, un equipo unido, xente con experiencia e tamén novas incorporacións".