Santa Clara deixa de ser un misterio para 2.400 persoas nunha fin de semana
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O convento de Santa Clara recibiu durante a fin de semana preto de 2.400 visitantes con motivo das dúas xornadas de portas abertas e visitas guiadas organizadas polo Concello de Pontevedra coincidindo co primeiro aniversario da súa adquisición.
A propiedade abriu sete horas o sábado e outras tantas o domingo e recibiu, respectivamente, 1.000 e 1.400 visitantes, segundo o balance facilitado polo Concello a última hora deste domingo.
Son novos cidadáns para os que Santa Clara perdeu parte do misterio que tivo durante séculos de clausura. Ademais, durante as visitas, expertos e profesionais divulgaron e puxeron en contexto os achados que foron aparecendo nos últimos meses e que se están incorporando á historia da cidade, como unha cápsula do tempo con ducias de historias que está a se abrir.
A igrexa converteuse durante a fin de semana o "centro de recepción de visitantes". Aí os visitantes viron un vídeo duns tres minutos sobre os labores de escavación e os datos históricos dos que agora se dispoñen sobre Santa Clara. A partir de aí, comezou un percorrido polos traballos arqueolóxicos guiado polos profesionais que traballaron neles e por todas as estancias visitables do inmoble e os xardíns, todo con explicacións de especialistas.
O interese cidadá nestas visitas demostra, en palabras do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores Lores, que a súa adquisición por parte do Concello é "unha enorme ilusión compartida por todos os pontevedreses e pontevedresas".
Santa Clara abre as súas portas polo seu primeiro aniversario
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto co concelleiro de Patrimonio histórico, Xaquín Moreda, achegouse ata as portas de Santa Clara na primeira das xornadas de portas aberta programada para esta fin de semana, xusto un ano despois da compra do antigo convento polo Concello de Pontevedra
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
Santa Clara celebra un ano de apertura ao público integrándose no Museo de Pontevedra
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz & Mónica Patxot |
-
Atopan dúas balas en Santa Clara: un proxectil das guerras carlistas e outro da Guerra Civil
Por Redacción |
-
Un estudo xeotécnico revisará as patoloxías de Santa Clara para decidir que "manter, derrubar ou reforzar"
Por Redacción |
-
As monxas de Santa Clara facían teatros replicando os autos de fe da Inquisición
Por Redacción |
-
Perdiches o teu balón tras os muros de Santa Clara? O Concello abre unha vía para recuperalos
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Mil persoas visitan Santa Clara en sete horas no primeiro aniversario da súa adquisición
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
As monxas de Santa Clara, con anorexia nos séculos XVI e XVII e con problemas de ósos por rezar moito
Por Redacción |
-
Sete horas ao día para traspasar de novo os muros de Santa Clara
Por Redacción |