Moraña, Portas e Campo Lameiro, únense para crear unha estratexia de xestión de biorresiduos conxunta
Por Redacción
Os concellos de Moraña, Portas e Campo Lameiro unen forzas para crear unha estratexia de xestión de bioresiduos conxunta que se iniciará a partir do ano 2023.
"A colaboración entre os concellos limítrofes é fundamental para que poidamos seguir avanzando en ofrecer servizos públicos de calidade á nosa veciñanza", avanzou o rexedor de Moraña, José Cela, que indicou que esta iniciativa é compartida con Ricardo Martínez e Carlos Costa, alcaldes de Portas e Campo Lameiro, respectivamente.
Co traballo conxunto, acadaron dúas subvencións coas que mellorar estos servizos, de xeito que implatarán o compotaxe individual e o colector marrón. Esperan con isto que a compostaxe doméstica chegue a 120 familias participantes mentres que o colector marrón o buscarán implementar en 700 familias a través de 100 colectores..
Todas aquelas persoas que queiran participar, poderán facelo de balde completando un formulario online na páxina web de El Camino Sostenible ou enviando un correo electrónico a biorresiduos@elcaminosostenible.org. Este e-mail estará dispoíble tamén para resolver dúbidas, igual que o número de teléfono 690 145 190 (chamadas e WhatsApp). O servizo está atendido por un biólogo experto en compostaxe.
Unha vez feita a incrición, contactarán coas vivendas vía telefónica para instalar o composteiro na casa. O día da instalación recibirán unha breve formación por parte dun experto en compostaxe. Durante todo o ano darán seguimento ao programa, facendo visitas aos fogares, enquisas e formación continua.
O único requisito para formar parte deste programa é ser veciño do Concello, ter un pequeno xardín ou terreo e estar disposto a formar parte deste proxecto educativo e formativo.
Finalmente, no caso do colector marrón, as persoas participantes recibirán bolsas compostables, caldeiros e un seguemento por parte do equipo da empresa para garantir un correcto uso do servizo.
Relacionadas:
-
Carlos Costa optará á reelección á Alcaldía de Campo Lameiro
Por Redacción |
-
A Carballeira de Santa Lucía, escenario da inauguración das luces de Nadal en Moraña
Por Redacción |
-
Reclaman que SOGAMA bonifique tamén a compostaxe doméstica e comunitaria
Por Redacción |
-
Doce concellos da provincia deixan en mans da Deputación a vixilancia, inspección e control dos seus residuos
Por Redacción |
-
Campo Lameiro estrea o seu primeiro centro de compostaxe comunitaria
Por Redacción |