25N | A Deputación considera "máis necesario que nunca" sensibilizar fronte ás violencias machistas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O vestíbulo do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra acolleu este venres o arranque da oitava edición do programa "Mulleres en acción. Violencia Zero" no que a compañía Duelirium e Mónica de Nut realizaron a performance "Corpos de abismos". Foi o arranque desta iniciativa coa que 25 artistas mulleres percorrerán a provincia "para espertar conciencias desde a cultura".
En 2015 nacía este programa ante "a necesidade de reivindicar a loita contra as violencias machistas desde a arte". Sete anos despois, a Deputación de Pontevedra considera que este programa que se fai "máis necesario que nunca", co desenvolvemento de accións sensibilizadoras "nun escenario que foi empeorando nos últimos tempos, co agravamento e o incremento das múltiples caras da violencia contra as mulleres", pero tamén con "a emerxencia de novos e vellos discursos que negan esta realidade tan dramática".
Na súa intervención durante a presentación desta acción artística e reivindicativa, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva explicou que "este é un acto de loita no que as mulleres gritamos en contra das violencias que as mulleres sufrimos desde que nacemos".
A presidenta subliñou que neste día 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, "reivindicamos o noso espazo e gritamos contra as agresións rompendo co discurso negacionista".
Ante quen nega a existencia dunha violencia machista, Carmela Silva lembrou que no que vai de ano foron asasinadas 38 mulleres e 1.171 desde o ano 2003. "Que pasaría se os asasinados fosen homes? Que pasaría se fosen vítimas doutros terrorismos?", preguntou a presidenta provincial, "é moi difícil manter a calma cando escoitamos a persoas despreciables que negan a violencia que padecemos as mulleres desde que nacemos", manifestou.
Carmela Silva lamentou que "está normalizada a violencia machista e os asasinatos das mulleres" e que "as mulleres estamos borradas dos dereitos humanos".
Fronte a isto comprometeuse a que "imos seguir traballando para conseguir unha sociedade democrática que recoñeza os dereitos das mulleres creando alianzas feministas" e terminou o seu discurso cun recordo especial para as mulleres iranianas "non hai nada máis exemplar que esas mulleres".
A continuación, a xornalista Montse Fajardo procedeu a ler o manifesto que elaborou para o Concello de Pontevedra, dirixido aos homes culpables das violencias machistas, pero tamén aos que exercen o negacionismo.
Relacionadas:
-
A loita contra a violencia machista, ao compás das artistas MJ Pérez e Sofía Espiñeira en Marín
Por Redacción |
-
O Pavillón de Príncipe Felipe estrea o mural "O abrazo", da artista Diana Bama
Por Redacción |
-
Alumnado do IES de Barro asiste á primeira acción de Violencia Zero de 2023
Por Redacción |
-
Carmela Silva reclama renovar o Pacto de Estado contra a violencia machista e "darlle as costas" a partidos "negacionistas"
Por Alejandro Espiño |
-
Na provincia 1.332 mulleres son vítimas da violencia de xénero
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
25N | "Que avanzamos é indiscutible; que falta moitísimo é incuestionable"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
25N | Bueu reclama máis recursos na loita contra as violencias machistas
Por Redacción |
-
25N | Poio planta cara á violencia machista
Por Redacción |
-
Carmela Silva esixe a "retirada inmediata" da campaña da Xunta polo 25N: "Pon o foco nas vítimas"
Por Redacción |
-
Extensa programación polo 25-N co lema 'Fronte ao negacionismo. Alianzas desde o feminismo'
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A responsabilidade dos homes e o negacionismo no foco da campaña do 25N en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |