Cerdedo-Cotobade solicitará á FEMP a súa inclusión nos municipios con vilas termais de España
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, anunciou que solicitará á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) a inclusión do concello na rede de municipios con vilas termais de España.
Desvelou esta iniciativa no transcurso da xuntanza de traballo que mantivo coa directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, durante a cal tamén lle trasladou os principais proxectos cos que o Concello concorrerá ás distintas liñas de axuda que poña en marcha durante o 2023 a Xunta en materia de promoción turística.
Unha das prioridades do grupo de Goberno será a posta en funcionamento da estación termal dos Baños de San Xusto para o cal o Concello acaba de finalizar unha importante obra de abastecemento enerxético ao complexo termal ao tempo que tamén servirá para dotar de luz eléctrica á Carballeira e á capela.
Tamén lle comentou que en breve se adxudicarán as obras incluídas no Pacto pola Paisaxe a través das cales se investirán uns 300.000 euros en acondicionar o entorno e os acceso á Carballeira e á capela de San Xusto, ademais de rematar co proceso de recuperación e posta en valor dos principais petróglifos existentes na contorna.
Outra das iniciativas coas que ten pensando concurrir o Concello de Cerdedo-Cotobade ás distintas liñas de axuda á promoción turística que poña en marcha a Xunta para o 2023 será a creación de áreas de recreo nas que fomentar o turismo de caravanas.
Por último, tamén lle trasladou o desexo de seguir recuperando patrimonio etnográfico, histórico e cultural para a promoción turística.
Relacionadas:
-
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, continúa na directiva da Rede de Vilas Termais
Por Redacción |
-
Jorge Cubela, escollido por unanimidade como candidato do PP a renovar o mandato
Por Redacción |
-
Conclúen as obras do sistema de subministración eléctrica soterrada para os Baños do San Xusto
Por Redacción |
-
O Ministerio de Ciencia e Innovación aproba a declaración de auga termal para os Baños de San Xusto
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade quere "dignificar" a entrada da carballeira de San Xusto
Por Redacción |