A reparación dunha das pontes de madeira da Illa das Esculturas custará máis de 19.000 euros

Por Redacción
O Concello de Pontevedra investirá 19.293 euros en reparar unha das pontes de madeira que conecta a Illa das Esculturas co campus deportivo Manolo Barreiro, en concreto a situada á altura da facultade de Fisioterapia (ao final do último dos campos de fútbol).
As obras serán executadas pola empresa Carpintería Abilleira, a mesma que xa efectuara a principios deste mandato a restauración da pasarela máis próxima ao chiringuito e ao parque infantil da Xunqueira, e incluirán a reparación dos arcos en mal estado, a reposición de soleiras, o arranxo dos pasamáns, a limpeza integral da estrutura, o seu cepillado e lixado para retirar elementos deteriorados, o empastado dalgunhas gretas e a aplicación dun lasurado protector.
Segundo constata o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes "a reparación desta ponte forma parte das tarefas regulares de mantemento coas que o Concello busca conservar en perfecto estado as estruturas que conectan coa contorna natural da Illa das Esculturas".
Esta ponte permite atravesar a canle interna da Illa e, ao igual que a reparada a finais de 2019, presenta problemas de conservación e síntomas de podremia, polo que a súa reparación resulta necesaria para minimizar o risco dos viandantes que a empregan a diario ou en eventos como o Surfing The Lérez.
Relacionadas:
-
Pontevedra preséntase na Feira Internacional do Turismo de Interior como “a cidade onde mellor se vive e come do mundo”
Por Redacción |
-
Pontevedra mostra o seu plan de acción para renaturalizar a contorna dos ríos e loitar contra a emerxencia climática
Por Manu Otero |
-
Multitudinaria xornada deportiva na Illa das Esculturas co Campionato Escolar Zonal de Campo a través
Por Diego Espiño |
-
Un documental para "descubrir os tesouros" da Xunqueira de Alba e a Illa do Covo
Por Alejandro Espiño |