50 aniversario da promoción de mestres que estudaron Maxisterio en Pontevedra entre 1967 e 1971
Por Redacción
Xa pasou medio século desde que un grupo de mozos e mozas comezaba a estudar nas antigas instalacións de Maxisterio, situadas no edificio do actual CEIP Manuel Vidal Portela. O mércores 16 decidiron xuntarse en Pontevedra para lembrar aquela etapa.
Desta forma, máis de trinta daqueles estudantes volveron atoparse no Hotel Galicia Palace para conmemorar o 50 aniversario daquela promoción de mestres que estudaron en Pontevedra entre 1967 e 1971.
Á cita acudían estes antigos compañeiros procedentes de distintos puntos de Galicia e tamén doutros puntos da península para lembrar vellos tempos e compartir unha comida de confraternidade.