O Concello volverá sortear tarxetas agasallo para consumir nos negocios de Marín
Por Redacción
O Concello de Marín quere "volver premiar á veciñanza que é fiel á economía local da nosa vila, facendo as súas compras e consumicións aquí, e animar a outros a que o fagan", explican fontes municipais.
Deste xeito, o Concello pon de novo en marcha a campaña de sorteo de 100 tarxetas agasallo por valor de 50 euros.
Para participar, será preciso realizar compras nos comercios de Marín ou consumir nos establecementos hostaleiros por valor superior a 30 euros, ben cun só ticket ou cunha agrupación de varios, entre o 1 de decembro e o 15 de xaneiro. Estarán exentas as farmacias, gasolineiras e os supermercados.
Os tickets terán que depositarse no buzón que se habilitará na Oficina de Turismo da Praza de España cos seguintes datos no reverso: nome e apelidos da persoa participante, DNI e número de teléfono. Os tickets terán que ser orixinais, "polo que xa avisamos de que se alguén o precisa para devolucións ou garantías, terá que pedir un duplicado", explican desde o Concello.
O 17 de xaneiro, ás 12.00 horas, terá lugar o sorteo no Salón de Plenos para coñecer aos gañadores destas 100 tarxetas.
As persoas agraciadas serán citadas telefonicamente para a recollida das Tarxetas Agasallo na Oficina de Turismo situada na Praza de España durante os días 19 e 20 de xaneiro, en horario de 11:30 a 20:30 horas, confirmando os datos coa presentación do DNI da persoa gañadora.
Terán que gastalas tamén na economía local de Marín ata como máximo o 31 de marzo de 2023.
Relacionadas:
-
Unha caravana de 'Papás Noel' moteiros enche as rúas de Marín
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Chocolate para todos para dar a benvida ao Nadal en Marín
Por Redacción |
-
Marín alumeará as rúas con adornos de Nadal este venres 2 de decembro
Por Redacción |
-
Convocan o Concurso de Decoración de Nadal para establecementos, vivendas e comunidades de veciños de Marín
Por Redacción |
-
O comercio de Marín converterá o 'black friday' nunha feira de oportunidades
Por Redacción |