Convocan o Concurso de Decoración de Nadal para establecementos, vivendas e comunidades de veciños de Marín
Por Redacción
O Nadal está á volta da esquina e desde o Concello de Marín xa están atarefados na organización de toda a programación típica destas datas, que enchen de cor, luz e ilusión as nosas rúas. Parte da responsabilidade de crear ese ambiente é a decoración de Nadal, para a que, de novo, o Concello quere contar coa colaboración cidadá.
Así, convócase por terceiro ano o Concurso de Decoración do Nadal, co obxecto de fomentar a participación cidadá no embelecemento e ornamentación da vila, facendo cómplices a comerciantes, hostalería e veciñanza da imaxe de Marín.
Mediante este concurso preténdese promover a creatividade durante o Nadal, fomentando o aspecto artístico e o carácter tradicional desta festividade. A decoración deberá estar exposta dende o 10 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023 e será feita con adornos típicos do Nadal. Ademais, é imprescindible que sexa totalmente visible dende a vía pública. Non se poderá participar nas tres categorías de forma simultánea.
Poderán participar no concurso vivendas, comunidades de propietarios de edificios, hostalería, comercios e/ou negocios que estean ubicados no termo municipal de Marín. Para iso, será preciso encher a solicitude que se atopa ao final das bases, presentándoa ou ben por sede electrónica ou ben no Rexistro municipal. O prazo para inscribirse remata o 10 de decembro de 2022 (incluido).
No caso dos comercios e/ou negocios e á hostalaría, valorarase en conxunto o mellor escaparate e exterior do establecemento, co ambiente propio das festas, utilizando elementos tradicionalmente de Nadal, iluminación da instalación e composición. Os obxectos de venda que se atopen nos escaparates poderán ser cambiados durante este periodo, sempre que non se modifique a decoración do escaparate.
Con respecto ás comunidades de veciños e ás vivendas unifamiliares, os criterios de valoración serán os mesmos pero tendo sempre en conta a esixencia de que as decoracións coas que se participan sexan totalmente visibles dende a vía pública.
En todos os casos, terase en conta que a parte lumínica sexa de tecnoloxía LED, co fin de incentivar o aforro enerxético.
En cada categoría haberá un primeiro premio de 300 euros, o segundo de 200 e sorteo entre todos os participantes, excepto os gañadores, nesta modalidade por valor de 100 euros.
O fallo do xurado darase a coñecer o 26 de decembro e notificaranse os premiados a través da web municipal, as redes sociais e o taboleiro de anuncios.
Relacionadas:
-
Unha caravana de 'Papás Noel' moteiros enche as rúas de Marín
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Chocolate para todos para dar a benvida ao Nadal en Marín
Por Redacción |
-
Marín alumeará as rúas con adornos de Nadal este venres 2 de decembro
Por Redacción |
-
O Concello volverá sortear tarxetas agasallo para consumir nos negocios de Marín
Por Redacción |
-
O Apalpador visitará 46 concellos da provincia da man do programa da Deputación 'Nadal en galego'
Por Redacción |
-
Nova edición do Concurso de Escaparates con premios que alcanzan os 1.300 euros
Por Redacción |
-
Sanxenxo acenderá a súa iluminación do Nadal o 3 de decembro con 406 elementos decorativos led
Por Redacción |