Enrique Varela, único candidato ao Decanato de Dirección e Xestión Pública
Por Redacción
O profesor da Área de Ciencia Política e da Administración Enrique Varela e decano comisario da Facultade de Dirección e Xestión Pública é o único candidato ao seu cargo nas eleccións que terán lugar o vindeiro 28 de novembro.
Varela chegou ao posto tras un proceso electoral dirixido para conformar a súa primeira Xunta de Facultade e para elixir ao seu primeiro decano en novembro de 2020.
Éste encabeza a única candidatura presentada, que foi proclamada este venres de xeito definitivo. Xunto a el, os profesores Xosé Mahou, como vicedecano de Virtualización e Innovación Educativa; Soraya Rodríguez, como vicedecana de Orzamentos, Mobilidade Internacional e Calidade, e Óscar Briones, como secretario académico, conforman o equipo que aspira a situarse á fronte deste centro os próximos tres anos.
"O noso obxectivo é consolidar un proxecto no que levamos anos traballando e que é absolutamente innovador", salienta Varela, co fin de dar continuidade aos traballos que levaron á creación "da única Facultade de Dirección e Xestión Pública que hai en España".
O propósito de Varela e do seu equipo, é dar continuidade ao traballo desenvolvido ata agora e no que destaca a posta en marcha, no curso 2020-2021, da modalidade virtual do Grao en Dirección e Xestión Pública, que convive desde entón coa presencial, dando lugar a un "modelo híbrido". Neste enmárcase tamén o máster virtual en Dirección Pública e Liderado Institucional, que despois dunha década de traxectoria implantaba este curso "un novo plan de estudos adaptado aos novos requisitos que demanda a Axenda 2030".
O seguinte reto, a partir de ahí, será desenvolver un "plan de internacionalización" para captar alumnado do resto de España, América Latina e do espazo da lusofonía. "O noso obxectivo é potenciar a dimensión internacional dos estudos de Dirección e Xestión Pública, sobre todo nun ámbito territorial no que levamos anos traballando, como é América Latina", salienta o candidato.
Finalizada a creación do novo centro, o pasado 24 de outubro se abriu o proceso electoral coa publicación da convocatoria tanto das eleccións a Decanato como a Xunta de Facultade. Unha vez pechados os prazos, este venres procedeuse á proclamación definitiva de Varela e dos membros do PDI-B, estudantado e PAS que optan a representar a estes colectivos da Xunta de Facultade.
A só existencia de dous candidatos nos primeiros dous sectores e dun no terceiro fai que non sexan precisas votacións para a conformación final dunha xunta que, sumando o persoal docente con vinculación permanente, estará integrada por 13 membros.
Relacionadas:
-
Aplauden a aposta por unha virtualización orientada a captar alumnado internacional
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Ratifican a creación das novas facultades de Deseño e de Dirección e Xestión Pública
Por Redacción |
-
Unha lección inaugural para comenzar o curso no grado de Dirección e Xestión Pública
Por Redacción |