A Policía tamén se despista
Por Redacción
No mes de setembro un taxista de Redondela despistouse e encaixou o seu vehículo entre os chanzos de acceso á praza da Ferrería. En outubro pasoulle o mesmo a un Daewoo Matiz que se precipitou pola rúa Tetuán, ao lado do Teatro Principal. Este martes, en Campolongo, demostrouse que os 'despistes' non son só cousa de particulares, tamén lle pasan á Policía.
Un axente da Policía Nacional que conducía a media tarde un coche patrulla pola rúa Xeneral Rubín despistouse e o vehículo quedou encaixado nas escaleiras de acceso ao tramo cuberto do río dos Gafos, unha zona peonil.
Fontes da Comisaría Provincial confirmaron que o coche non estaba a realizar ningunha intervención ou persecución pola zona, pero, ata o momento, descoñécese se hai un motivo para que o coche se desviase da rúa Xeneral Rubín e rematase escaleiras abaixo ou se foi un simple lapso.
O coche patrulla tivo que ser retirado por un guindastre e durante o tempo que permaneceu encaixado nas escaleiras xerou grande expectación entre os cidadáns. A Comisaría abrirá unha investigación para aclarar as circunstancias nas que se produciu o incidente.
Relacionadas:
-
Un coche queda atrapado nas escaleiras de Tetuán a carón do Teatro Principal
Por Redacción |
-
Volveu pasar, un condutor despistado deixa o seu coche colgado das escaleiras
Por Redacción |
-
O GPS tamén se equivoca
Por Alejandro Espiño |
-
Escaleiras abaixo sobre catro rodas na Ferrería
Por Redacción |
-
Un condutor despistado deixa o seu coche pendurado das escaleiras
Por Redacción |
-
Un despiste leva un taxista de Redondela polas escaleiras da Ferrería
Por Redacción |