Un coche queda atrapado nas escaleiras de Tetuán a carón do Teatro Principal
Por Redacción
Este luns volvía suceder. Un vehículo quedaba atrapado nunha das zonas con escaleiras no centro histórico de Pontevedra.
Nesta ocasión, a imaxe captada por un viandante producíase na rúa Duque de Tetuán, que se atopa nun lateral do Teatro Principal. Os baixos do turismo quedaban atrapados nos tres chanzos que conectan esa rúa, onde se atopa a capela do Nazareno, con Charino.
Varias persoas tentaron colaborar co condutor para retirar o vehículo sen que sufrise danos graves. Precisamente neste mesmo punto quedaba atrapado outro turismo en febreiro deste mesmo ano. Tamén é habitual esta imaxe no acceso desde a Praza de Ourense á zona da Ferrería, cando o descoido do condutor ou o erro do GPS provoca estas escenas.
Relacionadas:
-
Unha furgoneta queda atrapada nas escaleiras da praza do Teucro
Por Redacción |
-
Un turismo queda enganchado nun cubeto para árbores na contorna de Ramón Cabanillas
Por Redacción |
-
Volveu pasar, un condutor despistado deixa o seu coche colgado das escaleiras
Por Redacción |
-
Encaixa o seu coche nas escaleiras da Praza de Ourense por un despiste co GPS
Por Alejandro Espiño |
-
O GPS tamén se equivoca
Por Alejandro Espiño |
-
Escaleiras abaixo sobre catro rodas na Ferrería
Por Redacción |
-
A Policía tamén se despista
Por Redacción |