Un condutor despistado deixa o seu coche pendurado das escaleiras
Por Redacción
Aconteceu ás once da mañá deste martes. O condutor dun pequeno turismo circulaba pola rúa Tetuán, ao lado do Teatro Principal, cando quedou atrapado co seu vehículo ao intentar baixar as escaleiras.
Testemuñas presenciais explicaron que o condutor era un home maior que circulaba despistado co seu utilitario e que non se decatou da existencia dunhas escaleiras.
A escena chamou a atención dos transeúntes, que se detiveron a comentar o ocurrido "al dueño del Twingo" (aínda que o modelo non era ese, os presentes insistiron no seu parecido), que non sufriu ningún dano físico como consecuencia do accidente.