Escaleiras abaixo sobre catro rodas na Ferrería
Por Redacción
Faltaban poucos minutos para as tres da tarde deste sábado cando un turismo protagonizou un rechamante incidente no acceso á praza da Ferrería dende a praza de Ourense. Intentou baixar as escaleiras situadas xusto diante do bar Savoy e quedou atrapado, nunha zona na que xa en anteriores ocasións lle pasou o mesmo a outros vehículos.
O turismo estaba ocupado por unha parella de cidadáns portugueses. O condutor relatou posteriormente á Policía Local que se despistara guiándose polo aparato de GPS do vehículo. Cando se decatou que de a rúa remataba nunhas escaleiras xa era tarde.
Ante a situación que se encontrou, o condutor alertou a Policía Local de Pontevedra, que se desprazou ao lugar para levantar atestado do sucedido. O vehículo, que era alugado, permaneceu no lugar ata que chegou un guindastre a retiralo.
O incidente chamou a atención dos viandantes que pasaban pola zona e empezaron a fotografar a escena. Os dous ocupantes saíron do coche visiblemente afectados, segundo relataron testemuñas presenciais.
Relacionadas:
-
Un coche queda atrapado nas escaleiras de Tetuán a carón do Teatro Principal
Por Redacción |
-
Volveu pasar, un condutor despistado deixa o seu coche colgado das escaleiras
Por Redacción |
-
Un camión impacta contra a fachada dun banco da rúa Michelena
Por Redacción |
-
Salvados por un sinal
Por Redacción |
-
O GPS tamén se equivoca
Por Alejandro Espiño |
-
A Policía tamén se despista
Por Redacción |
-
Un condutor despistado deixa o seu coche pendurado das escaleiras
Por Redacción |
-
Un despiste leva un taxista de Redondela polas escaleiras da Ferrería
Por Redacción |