Un despiste leva un taxista de Redondela polas escaleiras da Ferrería
Por Redacción
Un "despiste" foi a razón ofrecida á Policía Local polo condutor que este domingo encaixou o seu vehículo entre os chanzos de acceso á praza da Ferrería.
O suceso aconteceu en torno ás 17:30 da tarde. O condutor, un taxista de Redondela, levouse un gran susto pero non sufriu dano ningún.
A anécdota congregou na zona unha multitude de xente.
Non é a primeira ocasión na que acontece un suceso deste tipo. En novembro do ano 2006 un turismo marca Audi quedou tamén atascado nestas mesmas escaleiras tras ser obxecto dunha suposta neglixencia do seu condutor.