Os calacús volven para alumar a noite máis terrorífica do ano
Por Redacción & Mónica Patxot
O Samaín viviuse con especial intensidade este luns nos Soportais da Ferrería.
Alí celebrouse a tradicional xa Noite dos Calacús, o taller de elaboración de cabazas de Samaín co que dar luz á noite máis terrorífica do ano.
A actividade comezou ás 18.00 horas cos obradoiros infantís e con ambientación musical a cargo do grupo tradicional Dúospontes.
Caras monstruosas iluminadas con velas no seu interior que sacaron os mellores sorrisos aos máis pequenos, pasando un bo intre coa súa elaboración.
Relacionadas:
-
Un Samaín de medo para nenos e adultos cunha renovada "Noite dos Calacús"
Por Alejandro Espiño |
-
"Éxito de participación" no Samaín de Salcedo organizado pola Asociación Cultural Casa Verde
Por Redacción |
-
Os xardíns das prazas de España e Ourense falan de Samaín
Por Redacción |
-
Catro días de actividades "de medo" no Ganapán polo Samaín
Por Redacción |