Encontro para coordinar as accións dos colectivos sociais
Por Redacción
Representantes de colectivos sociais mantiñan un encontro este venres coa concelleira Marián Sanmartín no Concello de Marín para establecer as actividades relacionadas coa axuda social entre as persoas que están vinculadas a estas asociacións a través dos servizos sociais municipais.
Na reunión tamén se atopaba o xefe de servizo do departamento para coordinar as accións previstas para as próximas festas de Nadal. Entre a programación acordouse realizar varios eventos a través do voluntariado das asociacións como en anos precedentes.
Tamén se detallou a axuda que percibirán como subvención nominativa cada unha destas asociacións. No orzamento incrementouse a dotación para estas actividades á espera de que se desenvolvan as actuacións administrativas oportunas para a súa aprobación, firma de convenios e xustificación para a cobranza.
Entre os distintos colectivos repártense 12.000 euros. A asociación solidaria Sor Elvira recibirá 3.000 euros do mesmo xeito que Amenac. Cáritas Santomé obterá mil euros e San Vicente de Paúl-Comedor recibirá 5.000 euros das arcas municipais para realizar as tarefas de axuda a persoas en situación desfavorable.
Relacionadas:
-
O comedor social de Marín organiza este venres o seu XXXVII Festival do Quilo
Por Redacción |
-
O Concello de Marín destina 16.000 euros a asociacións benéficas
Por Redacción |
-
A pandemia reducíu a renda das mulleres un 4% máis que a dos homes
Por Redacción |
-
Colectivos de Marín reciben axudas municipais por un valor de 35.500 euros
Por Redacción |